Inicio Actividades Formación para a correcta elaboración dun menú sen glute

Invitados/as

  • ACEGA
  • ACEGA, Asociación de celíacos de Galicia.
    ACEGA, Asociación de celíacos de Galicia.
    Asociación de celíacos de Galicia

    A Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA), é unha entidade de carácter privado, sen ánimo de lucro, creada en 1998, cuxo obxectivo fundamental é axudar a todas as persoas afectadas pola Enfermidade Celíaca e Dermatite Herpetiforme.
    Agrupa con carácter voluntario a celíacos/ as, pais/titores de nenos/as celíacos/ as e a todos aqueles enfermos cuxo tratamento esixa manter unha dieta sen glute, a fin de tratar as solucións máis idóneas aos problemas de tipo social, psicolóxico e técnico que poden presentarse como consecuencia da súa condición.
    A nosa Asociación pertence á Federación de Asociacións de celíacos de España ( FACE) quen ten por obxecto axuntar o esforzo e coordinar o traballo realizado polas asociacións/federacións de celíacos membro para mellorar a calidade de vida das persoas celíacas e conseguir a súa integración social.
    Desde ACEGA ofrecemos varios servizos tanto aos nosos socios como á sociedade en xeral.

Primeiro andar do Mercado

Lugar

Primeiro andar do Mercado
Rúa Serra, 5
Categorías
QR Code

Data

14 Set 2021
Caducada

Hora:

6:30 pm

Formación para a correcta elaboración dun menú sen glute

*Actividade dirixida a profesionais da hostalaría e restauración.

A Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) imparte unha charla formativa dirixida a profesionais, coa que se quere dar a coñecer os fundamentos dun correcto menú sen glute. O colectivo ofrece este tipo de actividade, encadrada dentro do seu Proxecto Galicia Sen Glute, dirixido ao sector da hostalaría e restauración, que busca que estes establecementos poidan ofrecer un menú sen glute con todas as garantías.

Entre os aspectos que se van tratar está a formación específica para persoal de cociña-inspección de cociñas e o asesoramemto de menús sen glute.

Imparte: Nuria Colmenero Lama, do departamento de Restauración e Seguridade Alimentaria da Asociación de Celíacos de Galicia.

Imaxe da cabeceira cedida por Tapería Alium.

INFORMACIÓN SOBRE AS INSCRICIÓNS:

Actividade está dirixida a profesionais da hostalaría e restauración. É de balde pero precisa de inscrición previa en actividadesomercado@gmail.com enviando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Teléfono
  • Nome do establecemento de hostalaría ou restauración
  • Localidade onde se atopa o establecemento

 

X