Inicio Actividades Charla-cata comentada. Estilos clásicos, novos formatos. Cervexas Nasa e Meiga

Invitados/as

  • Cervexa Meiga
    Cervexa Meiga
    cervexa Meiga

    Meiga nace da unión de 2 cervexeiros afeccionados que comezaron a elaborar no 2002. Despois de moita formación e elaboracións, arrancaron de forma profesional no 2014 coa marca Meiga.
    Meiga produce cervexas en pequenos lotes de 500 litros cosa exclusividade que aporta ese pequeno formato. Fai cervexas de elaboración continuada coma a Panadeira (cervexa de trigo) ou a Muiñeira (especial belga) e outras efémeras coma a Salvadora (en colaboración con Palmkids).
    A súa filosofía basease na venta a nivel local e na mellora continua da calidade sen usar conservantes nin aditivos.

  • Cervexa Nasa
    Cervexa Nasa
    Cervexa Nasa

    Cerveza Nasa inicia a súa produción en Pontevedra en 2016 con dúas variedades de Cervexa Lager para pouco a pouco ir adentrándose en todo tipo de estilos: Porter, IPA, Scotch, Ale, Bitter e Bock.
    Unha cervexa coma as de sempre, co coidado do artesanal.
    Cervexa NASA: Cando a novidade faise tradición…

Primeiro andar do Mercado

Lugar

Primeiro andar do Mercado
Rúa Serra, 5
Categorías
QR Code

Data

17 Mar 2022
Caducada

Hora:

7:30 pm

Charla-cata comentada. Estilos clásicos, novos formatos. Cervexas Nasa e Meiga

SESIÓN ÁS 19.30 H
No Espazo Gastronómico imos celebrar o Día de San Patricio cunha cata de cervexas moi especial.

Anótate e vén coñecer as variedades Brétema (Cervexa Meiga) e Revolta (Cervexa Nasa). Desta volta preséntanse envasadas en lata. Na charla comentaranse as bondades deste formato para a cervexa artesá.

MEIGA Cervexa Brétema
Cervexa dourada de 5º. Presenta unha turbidez moi fina, cun sabor afroitado e refrescante. Cun corpo lixeiro, ao servila presenta unha escuma branca e cremosa. Notas a froita madura e uva propias do tipo de fermentación e lévedo empregado. Leva un DRYHOP de lúpulo Citra que aporta un agradábel sabor a cítricos. Perfecta para combinar con entremeses.

NASA Cervexa Revolta
Indian Pale Ale 5% ABV. Cervexa loira, cítrica e aromática. Refrescante e de amargor medio, grazas aos lúpulos norteamericanos e centroeuropeos.

———————————————–
INFORMACIÓN SOBRE A INSCRICIÓN:

A actividade é de balde e está reservada para maiores de 18 anos. Para acudir escribe a actividadesomercado@gmail.com enviando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Teléfono