Inicio Actividades O Ganapán (espazo CREA). Bolsa para a merenda
Primeiro andar do Mercado

Lugar

Primeiro andar do Mercado
Rúa Serra, 5
Categorías
QR Code

Data

05 Set 2021
Caducada

Hora:

Dúas sesións, ás 11 e ás 12.30 h.
11:00 am - 2:00 pm

Prezo

Gratis

O Ganapán (espazo CREA). Bolsa para a merenda

Espazo CREA

O novo curso está de volta da esquina e como no Ganapán aprendemos tantas receitas deliciosas, esta fin de semana deseñaremos unha bolsa moi especial para levar ao cole as merendas que preparemos.

Para nenos e nenas de 4 a 10 anos.


 

Reserva a túa praza en oganapan@gmail.com enviando a seguinte información:

  • Nome da actividade e en que espazo se desenvolve (CREA ou GASTRO)
  • Nome e apelidos do neno ou nena
  • Idade
  • Nome da persoa adulta que achega ó/a menor á actividade
  • Teléfono de contacto
  • Observacións (onde debes indicar se a persoa anotada ten algunha alerxia, e se nos das consentimento para tirar imaxes onde saia o menor).

 

NORMAS DE INSCRICIÓN

Sabemos que todas e cada unha das crianzas de Pontevedra fan parte do Ganapán!
É por iso que debido ás restricións por mor da COVID-19, o Concello de Pontevedra establece as seguintes pautas de inscrición:

1_ Darase prioridade aos nenos e nenas que NON tiveran participado en ningún obradoiro nas últimas dúas semanas.

2_ As prazas restantes encheranse por estrita orde de chegada da solicitude de inscrición e en función da última vez que tiveran participado no Ganapán.

3_ Aquelas persoas que se inscribiran e non acudiran ao obradoiro solicitado (e non avisaran da súa ausencia) deberan agardar un mes para poder realizar unha nova inscrición.

4_ As persoas solicitantes que finalmente entren no obradoiro terán a notificación por correo-e como máximo o día anterior á realización da actividade.