O ESPAZO GASTRO

O Mercado de Abastos busca actualizarse, pero sen perder a súa esencia de mercado tradicional. Por iso, a primeira planta acolle o Espazo Gastro, un lugar de goce en torno á gastronomía e ao lecer, un punto de encontro para a veciñanza e o turismo e o sitio onde quedar a pasar un tempo agradable.

Neste espazo atópanse diferentes postos de restauración que ofrecen variadas propostas culinarias a base de peixes, carnes,  afumados, mariscos, comida ecolóxica ou vexetariana, tradicional… para deleitar ao padal no mellor ambiente: en compañía de amizades, parella ou familia.

Neste espazo atópanse diferentes postos de restauración que ofrecen variadas propostas culinarias a base de peixes, carnes,  afumados, mariscos, comida ecolóxica ou vexetariana, tradicional… para deleitar ao padal no mellor ambiente: en compañía de amizades, parella ou familia.

E para desfrutar dunha experiencia completa, as persoas que o desexen teñen a posibilidade de que lles cociñen, por un módico prezo, os produtos frescos adquiridos na praza e degustalos in situ.

Ademais dos locais de comida, o Espazo Gastro alberga unha viñoteca e un posto de cervexas artesás.

Estas son algunhas das propostas que podes atopar!

?

A Batea do Mercado

Ofrecemos un produto en orixe, o mexilón, un vibalvo que se cría nas rías galegas; un lugar único no mundo, onde se pode degustar no seu máximo esplendor. Ofrecemos esa experiencia no Mercado de Pontevedra, cunha atención ao público excelente. A nosa proposta é saudable, sostible e pegada 0. Apoiamos a economía local e a economía circular. Cremos e temos un compromiso de responsabilidade social e exaltación do mexilón.

Teléfono:

653 372 555

A Fervella

A Fervella nace coa idea de ser un referente na cociña tradicional galega: unha volta á orixe, ás cousas ben feitas, con cariño e mimo; un retorno á nosa infancia, coa idea moi clara, como as nosas avoas trataban a materia prima e a elaboraban. Para que o resultado fose exquisito. Pratos que non só entran polo padal, senón que abren toda unha posibilidade ao resto dos sentidos.

Correo-e:

afervella@gmail.com

Teléfono:

698 154 308

A Viñoteca do Mercado

A Viñoteca do Mercado é unha aposta por visualizar proxectos vitivinícolas galegos, pequenos produtores, novas adegas e adegas mais experimentadas onde a calidade, a innovación, o mantemento e proxección dunha cultura son os principais argumentos.
Poderás atopar ao redor de 200 referencias de viño galego.

Web:

www.vinotecamercado.com

Correo-e:

info@vinotecamercado.com

Teléfono:

663 883 635

Cervexaría O Quiñón

Cervexaría artesá de Pontevedra con máis de vinte tipos diferentes de cervexa feita en Pontevedra por Cervexa Nasa Lager, Ale, Ipa, Stout, Porter, Bock, Grape ale son algúns dos estilos que se poden degustar neste espazo.

Web:

www.cervexanasa.com

Correo-e:

xefe@xefedabirra.com

Teléfono:

606 181 164

Hortasán

Cada semana, os nosos menús varían segundo os produtos de tempada que veñen das nosas hortas.
Así, os nosos pratos ecolóxicos e vexetarianos ou veganos son cociñados con produtos da máxima calidade e feitos con tempo e agarimo, para que podades gozar dunha comida deliciosa e saudable.

Correo-e:

hortasan.tenda.cocina@gmail.com

Teléfono:

660 015 830

Merluzateca

A primeira Merluzateca de España, Alfonso Díaz convídavos a desfrutar deste oasis gastronómico, no que o noso buque insignia é a pescada negra de Marín e o aceite de oliva virxe extra (AOVE) “Aires de Jaén”, presentes nos nosos pratos. A nosa carta sorprende coa empanada de Carballiño, as croquetas de pescada afumada ou as filloas de paella con queixos de cabra e tetilla… A pescada como nunca antes a probaras!

Web:

www.merluzateca.es

Teléfono:

687 422 473

Umami Poke

Umami Poke ofrece unha alternativa á clásica comida saúdable, cun prato típico de Hawai. Coa particularidade de ter produtos frescos e variables, ofrece a alternativa de poder elaborarte un prato equilibrado en tan só cinco pasos.

Teléfono:

644 695 893